RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Un morto e 64 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

ARQUIVO

O 061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre s 3 da tarde do venres, día 20, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 22.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 56 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 65 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en catro sinistros,  as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 60 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do accidente.

También te puede interesar