RGPD - Cookies
Comarcas Sucesos

#AsNevesZona0 Unha semana despois no concello no que o lume causou máis danos afectando ao 90% do seu territorio

Imaxes:vigoalminuto/O Concello de As Neves vén de canalizar oficialmente as achegas económicas que moitas persoas estaban a facer para axudar a afrontar os danos do incendio, o más grave de cantos se declararon en Galicia o pasado día 15, que arrasou o 90% de monte da vila, afectou ás 13 parroquias da mesma e queimou, segundo datos provisionais, máis de 5.000 hectáreas.

Arderon as 13 parroquias de As Neves #QueimanGalicia

Publiée par vigoalminuto.com "tu periódico digital" sur Lundi 16 octobre 2017

A conta é ‘As Neves Zona 0’, está en Abanca, o seu código BIC/SWIFT é: CAGLESMMXXX e o IBAN: ES92 2080 5434 0830 4011 4499.

Ademáis o Concello ten abertas dúas liñas telefónicas para recibir as ofertas de apoio e axudas son: o 609782868 / 636776900.

O lume queimou casas deixando a familias sen nada; afectou a empresas da importancia de Maderas Vial– acabando coa súas instalacións por completo, as máquinas, o material, camións, furgonetas, coches, toda a mercancía- un stock de 15 trailers de madeira- e deixando sen traballo ás 30 persoas empregadas nesta firma familiar.

Pasada unha semana do desastre, os veciños non poden beber a auga da traída por que non é potable: a mesma repártese embotellada e en camións cisterna e hai instalados depositos de 1000 litros na rúa para os baños en:  Paredes Tenda, Instituto, Centro de Saude, Entrecíns Casa da Xuventude, Marquesa do Pazo Centro Social, Praza Maior Igrexa, Doutor Martinez, Colexio e Rúa Esperanza.

As liñas telefónicas ainda seguen a fallar, o mesmo que a cobertura dos teléfonos móviles, en zonas do territorio municipal-nas que non hai servizo ou se colle o de compañías de Portugal- e, como ven de informar o Goberno Local, este domingo, día 22, haberá novos cortes de electricidade, de 07:30 a 09:30 h.(aproximadamente) en Liñares, Ramal, Hotel Nieves, Bruñeiras, Neves Estación e Gabino Bugallal.

También te puede interesar