Vigo al día

Veciños de Teis e Chapela piden que a Autoestrada sexa treito urbano dende as Torres de Padín ao centro de Vigo

Membros da Asociación Veciñal de Teis e Chapela realizaron este xoves pola mañá un acto simbólico para reivindicar do Ministerio de Fomento e do Goberno de Galicia, que se convirta en tramo urbano a autoestrada AP-9 desde as Torres de Padín até o centro de Vigo.

“Ambas asociacións sempre defendemos converter en vía urbana a AP-9 no tramo cara o centro da cidade de Vigo, isto permitiría mellorar as comunicacións nos barrios de Teis e Chapela e a eliminación do tráfico de camións”, sinalan os veciños.

En todo caso, a asociación vecinal entende que a vía urbana deberá ser desde onde comeza o termo municipal, desde as Torres de Padín e non limitalo só desde a avenida de Buenos Aires.

A Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, xunto a converter en tramo urbano a AP-9 a súa entrada a Vigo, consideran necesario eliminar a peaxe no tramo Rande-Vigo,despois de 35 anos desde a apertura da AP-9, seguimos pagando por este tramo que forma parte do aceso á cidade, cando outras cidades galegas carecen de peaxe nos seus acesos”.

A Asociación Veciños de Chapela, solicita a convocatoria da comisión de seguimento das obras de ampliación da AP-9, que leva desde o mes de febreiro sen convocarse. As obras comprometidas non se realizaron e o tramo está a piques de rematar.

Por último, sinalar que ambas asociacións, acordaron que “si non hai resposta as nosas reivindicacións, convocaremos mobilizacións nas próximas semanas”.

También te puede interesar