Cultura

@anovagal fai un chamamento ás forzas democráticas para demandar a liberación dos presidentes de ANC e Ómnium Cultural

Imagen:Twitter

Anova considera que a orde de prisión ditada contra os presidentes da Assemblea Nacional Catalana (ANC) e de Ómnium Cultural, supón “un salto cualitativo na vía represiva e autoritaria coa que o Goberno español está a abordar o proceso catalán e a vontade soberana do pobo a decidir o seu futuro”.

Anova realiza un chamamento ás forzas democráticas a mobilizarse para demandar a excarcelanción dos presidentes da Assemblea Nacional Catalana (ANC) e de Òmnium Cultural. Para Anova “a defensa da súa liberdade é a defensa das nosas liberdades” e reprocha que en pleno século XXI e un estado europeo “haxa presos políticos. Jordi Sànchez e Jordi Cuixart son presos políticos. Están na cadea por unha decisión política consistente en negar a vía do diálogo como solución política democrática ao conflito aberto con Cataluña desque o Tribunal Constitucional invalidou o Estatuto de Autonomía”.

“O modus operandi dictatorial, policial e represivo”: vellas formas do pasado”

“Está claro, puntualiza Anova, que a detención de Jordi Sànchez e Jordi Cuixart evidencia que a retórica da defensa da legalidade é só unha excusa porque o único que se persigue é a violencia represiva e salvagardar o Réxime do 78 con unllas e dentes porque saben que é un modelo esgotado, caduco, incapaz de dar respostas democráticas dialogadas ás demandas das distintas nacións do estado”. “Son as vellas formas do pasado”.

Para Anvoa “acadar a súa liberdade debe ser un obxectivo inmediato de todas as organizacións democráticas do Estado que están comprometidas coa apertura dun proceso constituínte de raíz autenticamente democática para rematar coa deriva autoritaria do Réxime do 78”. Desde Anova sinálase que “a orde de prisión contra Jordi Sànchez e Jordi Cuixart supón un salto cualitativo no modus operandi do Goberno español que agrava deste xeito a súa postura policial e dictatorial”.

Critica Anova “as esixencias penais da Fiscalía, o despropósito da decisión da xuíza Carmen Lamela e a inexistencia de independencia do poder xudicial. Un marco que obedece á estratexia política do Goberno do estado para reprimir a vontade democrática dos cidadáns e cidadás de Cataluña”. Enfatiza que o proceso por sedición contra os mandos dos Mossos e os dirixentes das organizacións que lideraron a desobediencia civil pacífica en aras a posibilitar o dereito a decidir, “réxese só polas normas do código penal: impóñense penas non por comisión de delito ningún senón por considerar perigosa a súa posición política, disidente e crítica”.

Anova contextualiza esta deriva autoritaria das forzas conservadoras nun marco de apoio dos grandes poderes mediáticos e empresariais, aderezado coa colaboración cúmprice do Partido Socialista e o aplauso entusiasta da Casa Real.  “É un ataque frontal contra a esencia da democracia e as nosas liberdades civís”.

También te puede interesar