Galicia

@Xunta convoca para o 30 de outubro os titulares dos terreos afectados pola construción dun Itinerario peonil e ciclista na estrada PO-552

A Xunta convoca para o 30 de outubro os titulares dos terreos afectados pola construción dun Itinerario peonil e ciclista na estrada PO-552, nos treitos Coruxo – Roteas, A Estea e Priegue, nos Concellos de Vigo e Nigrán, para o levantamento de actas previas.

Os propietarios dos terreos ubicados en Vigo deberán acudir ao Concello o día 30, entre as 9.30 e as 13.30 horas; e no caso das fincas situadas en Nigrán, a quenda será para o día 31, entre as 10 e as 12 horas, na casa consistorial deste municipio. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/LiKUNJ

O orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 868.000€, cofinanciados con fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

O obxecto da actuación é a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-552, en tres treitos situados entre os pp.qq. 3+280 e 7+500. O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase no Pq. 3+280, onde finalizan as beirarrúas existentes en Coruxo, e construirase senda polas dúas marxes da estrada ata o Pq. 3+600, na zona do pavillón de deportes. Desde este punto seguirase pola marxe dereita ata o 4+440, punto situado na zona inicial de San Miguel de Oia.

O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía. Prevese a súa construción pola marxe dereita da estrada PO-552, xa que na esquerda xa existe beirarrúa.

O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas. Proxéctase tamén pola marxe dereita da estrada.

A sección tipo consta dunha senda dun ancho mínimo de 1,8 metros separada da calzada por unha zona axardinada e os bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

Ademais executaranse outras obras complementarias como a mellora das paradas de bus existentes nos tramos da actuación; a adaptación da intersección do Pq. 3+520 ao paso da senda, de modo que quedará habilitado un cambio de sentido para facilitar os xiros no sobreancho existente neste punto, e a mellora da drenaxe na curva do Pq. 7+100, nas Rexas.

Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, onde a Axencia Galega de Infraestruturas executará aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega os 5 millóns de euros. A Xunta ten garantido o financiamento ao terse incluído estas actuacións no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.