'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Goberno de Galicia desminte que haxa que pagar 3€ por ver o ‘Pergamiño Vindel’: esa cantidade é por entrar no Museo do Mar

A Xunta de Galicia desminte que haxa que pagar entrada para ver o ‘Pergamiño Vindel’, coma asegurou este venres o alcalde e acrara que ainda que  “a norma é que as exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia custen 2 €, neste caso, non hai que facer ningún pagamento”.

A Delegación do Goberno de Galicia en Vigo sinala que “o que teñen que aboar os visitantes é a entrada que dá acceso ás instalación do Museo do Mar de Galicia e que é de 3 € (en réxime xeral) ou de 1,50€ (a tarifa reducida que se lle aplica a estudantes, xubilados, desempregados, grupos de más de 10 persoas e menores de 18 años)”, ademais, engade, todas as visitas de centros educativos galegos son gratuítas.

Así mesmo, subliña que o pagamento polo acceso ao Museo foi fixado por un acordo tomado polo Padroado do centro no que «cómpre recordalo, está representado o propio Concello de Vigo».

Dende a Delegación da Xunta sublíñase que “se fora por Caballero, o Vindel nunca houbera vido a Vigo” polo cal piden ao alcalde que “deixe de desprestixiar e empece, por variar, a facer algo en positivo para a cidade”, ao tempo que se preguntan se “o concello non cobra, por exemplo, polo zoo?”

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.