Cultura Vigo al minuto

Camilo José Cela, Pintor José Frau e Marqués de Valterra, cun novo ascensor, vindeiras humanizacións en Vigo

A última reunión da Xunta de Goberno Local deu luz verde á aprobación dos proxectos básicos e de execución de dúas novas humanizacións: a de Camilo José Cela, cun orzamento de 667.000€ e 7 meses de obras, no tramo que vai desde Chano Piñeiro ata Coruña.

A rúa, indicou o alcalde, ten unha «densidade de poboación importante» e está «moi deteriorada», polo que se vai humanizar con novos pavimentos, abastecemento, alumeado, pluviais, rego, xardineiras, arborado, sinalización e mobiliario urbano.

En segundo lugar, o goberno vigués licitará a humanización de Pintor José Frau en 600.000€ e 6 meses de prazo estimado de obras. A reforma, expuxo Abel Caballero, renovará as redes de servizos soterradas, pavimentos, alumeado, bancos, papeleiras e novo arborado.

Nesta rúa, engadiu o alcalde, o Concello porá en valor a obra do pintor José Frau mediante vinilos adhesivos sobre vidro e montados nun marco de acero inoxidable, cun formato «moi novidoso», pois terá ilusións ópticas a través de impresións en distintos planos. O Concello de Vigo tamén proxecta unha escultura do pintor que da nome á rúa, con información do artista en braille e en códigos QR.

O alcalde informou, ademáis, sobre a contratación das obras de humanización de Marqués de Valterra, na súa segunda fase, cun prazo de execución estimado en oito meses e un importe de licitación de 871.000€. Esta actuación municipal, que inclúe a instalación dun elevador, forma parte do proxecto EDUSI Vigo Vertical, para o que Vigo obtivo 15 millóns de fondos europeos.

Caballero explicou que Marqués de Valterra é un vial «danado» nunha das súas beirarrúas polos efectos das naves industriais, unha rúa que o Concello está a humanizar nas súas partes habitadas. A segunda fase da reforma comprende entre as rúas Gaiteiro Portela e Juan Ramón Jiménez.

O alcalde indicou que a humanización conlevará a calidade habitual destas melloras, con beirarrúas en granito, novas redes de servizos, iluminación, mobiliario urbano ou arborado, e engadirá a instalación dun ascensor acristalado que conecte con Torrecedeira á altura da rúa Instituto Oceanográfico.

Este será un dos dous elevadores cos que contará Marqués de Valladares, pois o Concello xa traballa no proxecto dun segundo ascensor na confluencia con Juan Ramón Jiménez, á altura do que o goberno vigués xa ten contratado no parque Camilo José Cela para unir Torrecedeira e Pi y Margall, onde xa funciona o que sube ata a Avenida das Camelias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.