Vigo al minuto

Teis terá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander

O Concello construirá unha nova praza en Teis, no cruzamento de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander, un entorno que, salientou o alcalde, xa está humanizado en grande parte pero que precisaba dunha zona de encontro cidadá.

A praza incluirá zonas verdes, zonas con auga, así como espazos de lecer, de xeito, sinalou Abel Caballero, que “converteremos unha zona de aparcamento horrible“nun novo lugar de encontro moi preto do Colexio Apóstol e do Mercado”.

También te puede interesar