Vigo al minuto

@En_Marea demanda ao Goberno que dote a Vigo dos tres xulgados que pide o Tribunal Superior de Xustiza

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso dirixida ao Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, para demandarlle que dote a Vigo dos tres órganos xurisdicionais que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera urxentes.

Así, para Vigo o TSXG plantexa unha praza de maxistrado na sede viguesa da Audiencia de Pontevedra, un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia e outro Xulgado do Social. Explica Fernández que a finais do pasado mes de xullo celebrouse a Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza onde o Ministro anunciou a creación de 89 novas unidades xudiciais no estado e falou da creación de tan só catro novos xulgados en Galicia.

Non aos recortes na xustiza

A memoria anual de Actividades do TSXG correspondente ao ano 2016, solicita para Galicia a creación de 8 novos xulgados, e prioriza tres en Vigo. Pon de manifesto que os xulgados de Vigo teñen no seu conxunto máis de 12.000 casos sen resolver. Destaca especialmente a intensa actividade dos Xulgados de Primeira Instancia e dos Xulgados do Social.

Reprocha a deputada de En Marea ao PP «a política de recortes masiva que tamén chegou á Xustiza onde se paralizaron os investimentos e a creación de Xulgados a pesares da grande masificación que experimentaron debido especialmente á posta en marcha da reforma laboral». Para Alexandra Fernández é hora de que o Ministerio cambie as súas raquíticas políticas e atenda ás necesidades en materia de Xustiza a fin de ofrecer aos cidadáns unha xustiza áxil e de boa calidade.

Razón pola que pregunta ao Goberno se vai crear os tres órganos xurisdicionais en Vigo que reclama o TSXG. «En caso afirmativo, que prazos temporais manexa o Goberno para a ubicación de novos xulgados na cidade viguesa? E no resto de Galicia? Vai aumentar os medios materiais e humanos en materia de xustiza?»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.