O persoal de Maderas Iglesias saíu á rúa este sábado no Porriño para denunciar os incumprimentos da dirección e reclamar o cabo dos salarios pendentes. A marcha, que congregou a varios centos de persoas, arrincou da sede principal da empresa, en Pontellas, pasadas as 11 da mañá e rematou diante do Concello arredor das 12 e media.
Durante o traxecto as consignas que máis se escoitaron foron “Madeiras Iglesias solución” e “Queremos traballar e queremos cobrar”.