Comarcas

O Concello de Redondela comeza os traballos de saneamento do Camiño de Cornide, en Chapela

As obras que dotarán de saneamento ao Camiño Cornide xa se atopan moi avanzadas . As mesmas comprenden, tamén a instalación dun bombeo que verterá á Avenida de Redondela, segundo indica a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela.

Este camino, que non tiña nin saneamento nin separativas de fecais e pluviais, estaba a supoñer para a parroquia de Chapela e a súa Praia un importante foco de contaminación que o Goberno local, no seu plan de traballo para mellorar a calidade das augas e eliminar verquidos, tiña incluído nos seus proxectos, xunto cos xa executados en diversas zonas da parroquia como Catro Pontes e Pousadoura.

Os traballos, que está a realizar a empresa Aqualia, serán sufragados por Audasa, logo das negociacións iniciadas polo Goberno Municipal e que formaban parte das melloras propostas polo Concello de Redondela á concesionaria da AP-9, que abranguen o acceso a Trasmañó ou a renovación no Camiño Mouriño e no entorno da Igrexa.

También te puede interesar