Vigo al minuto

@los_secretos en Vigo, o 7 de outubro

“Los Secretos”, unha das bandas máis lexendarias do pop español, chegan este sábado 7 de Outubro ó Auditorio Mar de Vigo (9 da noite), desta volta en quinteto acústico. A banda liderada por Álvaro Urquijo subirá ó escenario do Mar de Vigo para interpretar moitos dos seus grandes clásicos que marcaron a banda sonora dunha xeneración. Temas como “Déjame”, “A tu lado” ou “Buena chica” non faltarán nesta actuación de Vigo, onde a banda tamén anuncia que interpretará varios temas do seu último disco “Algo Prestado”. 

Como o nome do disco indica, a banda escolleu para este traballo cancións prestadas, de artistas cos que medraron e marcaron as súas vidas, como Gram Parsons, Nick Lowe ou Peter Gabriel, que foron adaptadas ó castelán nesta ocasión.  Son temas, sobre todo, do seu cancioneiro americano favorito, levadas ó personalísimo terreo de “Los Secretos”, e cantadas coa inconfundible voz de Álvaro Urquijo, sonando tan cercana e familiar despois de case catro décadas de éxitos continuados.

As entradas para asistir a actuación do grupo con este elegante formato, están xa a venda  en www.ataquilla.com, a partir de 15€ as localidades máis económicas. Ademáis do seu aclamado repertorio cheo de grandes clásicos, “Los Secretos” anuncian que están preparando moitas sorpresas de cara ó ano 2018, no que cumprirán 40 anos de carreira. Un dos puntos de partida desa celebración será a estrea do documental “Una vida a tu lado”, que terá lugar en Madrid a finais do mes de outubro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.