Comarcas

16 vivendas contarán con servizo de saneamento no barrio de Pomar de Suso, en Salceda de Caselas

Nuns días quedarán rematados os traballos para a conexión á rede de saneamento no barrio de Pomar de Suso, en Salceda, obras que contan cun orzamento de 134.466,89 € con cargo a Augas de Galicia, financiado nun 75% cos fondos FEADER da Unión Europea. Unha vez finalizados os traballos, unhas 16 vivendas poderán conectarse directamente aos colectores do Consorcio do Louro. A obra supón a instalación dun total de 484 metros de colector, que desembocarán no tramo xa existente actualmente no mesmo barrio.

Trátase dun tramo prioritario para o Concello de Salceda de Caselas, xa que dará servizo a diversas vivendas de recente construcción, así como a outras que na actualidade estaban a ter serios problemas de residuos, sen as infraestructuras precisas para solventalos.

Con este novo treito, “Salceda dá un paso máis cara a consecución do saneamento integral do municipio, deixando a parroquia de Santa María de Salceda moi preto de conseguir estar saneada por completo”.

Carla Pérez, Concelleira de Medioambiente e Miguel González, Concelleiro de Vías e Obras, manifestaron a súa satisfacción por este novo tramo de saneamento, poñéndose a disposición de Augas de Galicia para entre todos acadar o mellor resultado posible neste a noutros proxectos que se desenrolen no municipio.

Pola súa banda o alcalde, Marcos Besada salientou que “o saneamento é un servizo fundamental para os veciños e veciñas. Queda moito por facer, máis seguimos a dar pasiños neste longo camiño ata lograr o saneamento integral do noso concello”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.