Galicia

O Goberno de Galicia achegará 11,5 millóns ás entidades que realizan fin sociais, con cargo ao 0,7% do IRPF

O presidente do Goberno galego avanzou este xoves, na rolda de prensa do Consello, que Galicia distribuirá 11,5 millóns de euros entre as entidades que realizan fins sociais con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda (IRPF )dos contribuíntes que marcan este cadro na súa declaración.

O presidente Feijóo lembrou o ditame do Tribunal Constitucional que recoñeceu a competencia das comunidades para facelo e a decisión do Consello territorial de servizos sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia de establecer un modelo mixto: un tramo repartido polo Goberno central e outro  polas comunidades. Así, o presidente subliñou que esta decisión permitirá garantir a continuidade no ano 2018 dos programas que atenden fins de interese social en Galicia a partir desa asignación tributaria.

O xefe do Executivo precisou que só poderán acceder ás axudas aquelas entidades do terceiro sector que xa recibiran fondos estatais desta mesma procedencia no ano 2016. O ano pasado dispuxeron destas axudas 72 entidades en Galicia, que realizaron actividades de atención integral socio-sanitaria, educativa ou de inserción laboral.

Feijóo avanzou que nesta convocatoria financiaranse programas sociais dirixidos de forma prioritaria, entre outras, ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade, á mocidade e á infancia, a  colectivos de mulleres en risco de exclusión, ás persoas afectadas por problemas de drogodependencia, á poboación reclusa e ex-reclusa, a refuxiados e asilados, a migrantes ou a vítimas do terrorismo. Así mesmo, salientou que a Xunta anticipará ás entidades beneficiarias o 100% da subvención.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.