Comarcas

O Concello de Redondela empezou a entregar os cheques de axuda á compra de libros e material escolar e entrega as axendas deste ano

O Concello de Redondela, dende a Concellería de Ensino, que dirixe Ángela Antón, empezou a entregar os cheques para a compra de material e libros. Esta axuda é complementaria para as etapas de educación infantil (alumnos de 3,4 e 5 anos) para as familias censadas en Redondela.

O número de solicitudes admitidas este ano ascende a 113 ás que se lles concede un importe de 73,89€ a cada un polo que o concello destina un orzamento total para estas axudas 8.349,57 €.

O importe concedido neste cheque é canxeable nos distintos establecementos libreiros da vila que colaboran nesta convocatoria. Cada familia recolle o seu talón no departamento de ensino dende o que se lle chamou persoalmente.

«A educación do período comprendido entre os 3 ate os 5 anos, non é obligatoria, pero aquelas familias que deciden matricular ós séus fillos e fillas nesas idades, saben que dende o Concello de Redondela contan con esta axuda para sufragar si non todos, cando menos unha importante parte dos gastos do material escolar que estes han usar para o curso», sinala a concelleira.

Trátase dunha medida que fomenta a escolarización temperá destes cativos, introducíndoos xa no sistema e os costumes do colexio, e tamén axudando a conciliar en moitos casos a vida laboral ou a problemática social e familiar coa crianza e atención dos meniños máis pequenos da casa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.