Vigo al día

@abelcaballero asegura que o Concello pagou xa o o 98% das Axudas Extraordinarias a familias

O alcalde asegurou este venres que o Concello entregou  xa o 98% das Axudas Extraordinarias a familias cuxa partida inicial ascendía a case 1.700.000€, ao que cómpre engadir outros 800.000€ máis para axudas de emerxencia.

Abel Caballero salientou que 1.947 familias recibiron xa os cheques para alimentación, por un importe total de 408.000€; 1.898 familias recibiron un total de 317.000€ para pagar as facturas de subministros de enerxía e 1.454 recibiron 819.000€ en concepto de axudas para o alugueiro de vivendas. Ademais, engadiu, o Concello desembolsará 56.000€ para os pagos de hipotecas.

Caballero engadiu que soamente quedan pendentes 90.000€ por entregar ás familias que solicitaron as axudas municipais, nun proceso que se desenvolveu “sen colas e con sosego”.

Por último, o alcalde subliñou que Vigo é a cidade de España “coa máis importante política social desde o respecto ás persoas que están recibindo axuda”.

También te puede interesar