Vigo al minuto

@abelcaballero asegura que o Concello pagou xa o o 98% das Axudas Extraordinarias a familias

O alcalde asegurou este venres que o Concello entregou  xa o 98% das Axudas Extraordinarias a familias cuxa partida inicial ascendía a case 1.700.000€, ao que cómpre engadir outros 800.000€ máis para axudas de emerxencia.

Abel Caballero salientou que 1.947 familias recibiron xa os cheques para alimentación, por un importe total de 408.000€; 1.898 familias recibiron un total de 317.000€ para pagar as facturas de subministros de enerxía e 1.454 recibiron 819.000€ en concepto de axudas para o alugueiro de vivendas. Ademais, engadiu, o Concello desembolsará 56.000€ para os pagos de hipotecas.

Caballero engadiu que soamente quedan pendentes 90.000€ por entregar ás familias que solicitaron as axudas municipais, nun proceso que se desenvolveu «sen colas e con sosego».

Por último, o alcalde subliñou que Vigo é a cidade de España «coa máis importante política social desde o respecto ás persoas que están recibindo axuda».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.