Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello compra un novo edificio para a súa recuperación, na Ribeira do Berbés

O Consorcio Casco Vello de Vigo autorizou este xoves a compra dun novo edificio, no número 41 da Ribeira do Berbés, por un importe de 125.000€.O inmoble, duns 300 metros cadrados de superficie útil, encóntrase nestes intres en avanzado estado de ruína. Esta última edificación súmase á adquisición do número 5 o pasado ano e aos tres edificios, nos números 11, 13 e 15, cedidos á Universidade de Vigo para crear a súa sede institucional e un centro de actividades múltiples.

Trátase dunha edificación de dous plantas na que se proxecta a construción de dúas vivendas de dous dormitorios. Un deles orientado á fachada do Berbés e o outro á rúa San Francisco.

Estas dúas novas vivendas súmanse aos sete inmobles que actualmente se encontran en execución promovidos polo Consorcio Casco Vello.

También te puede interesar