Vigo al minuto

O Concello informa de que é posible bañarse sen perigo en A Foz, Calzoa e Samil

As tres praias que estaban pechadas ao baño en Vigo por mor dunha contaminación microbiolóxica, A Foz, Calzoa y Samil, xa non teñen esa restrición e é posible gozar delas sen perigo.

Este xoves, o Concello confirmouno nun comunicado oficial que di, literalmente: “En relación coa restrición ao baño establecido nas praias máis próximas á desembocadura do río Lagares, logo do vertido producido por unha avaría eléctrica na depuradora o pasado luns, o Concello comunica que vén de levantar toda limitación ao baño tras os resultados positivos das analíticas realizadas. Dende agora mesmo, as augas destas praias son aptas para o baño sen supoñer ningún risco para a saúde das persoas”.

También te puede interesar