Vigo al día

Os vigueses axudarán, por medio de Unicef, a que máis de 5.500 nenas e nenos poidan seguir estudando

Imagen:©UNICEF/UNI194536/Khuzaie/O alcalde, acompañado de Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF Galicia, presentou este mércores “Acceso á educación en Siria: aprender no medio da destrución”, o proxecto educativo no que o Concello colabora con UNICEF cunha achega de 20.000€. “Queremos estar na cooperación internacional nos sitios onde é máis necesario e imprescindible”.

Segundo explicaron, o obxectivo do proxecto é distribuír subministros básicos de educación primaria a máis de 5.500 nenas e nenos para garantirlles o acceso á educación. Vaise desenvolver nas zonas afectadas polo conflito en Siria, incluíndo as de máis difícil acceso e sitiadas, como Aleppo e Homs seguindo criterios e principios de vulnerabilidade, universalidade, humanidade, imparcialidade e neutralidade.

Abel Caballero explicou que os nenos e nenas sirias recibirán mochilas, cadernos de exercicios, libros de debuxo, material escolar diverso así como material pedagóxico e kits de ocio para os pequenos e xogos e contos para os nenos de infantil. Tamén se inclúen materiais relacionados coa agua e o saneamento para mellorar a saúde. O rexedor adiantou que a cooperación con UNICEF seguirá e recoñeceu o seu labor e “permanente atención” aos máis pequenos.

Sobre a situación educativa, apuntou Caballero que os nenos sofre un “atraso severo na súa formación”, que é preciso recuperar. A quinta parte das escolas foron danadas de forma moi seria -unhas 2.400- e non poden ser usadas con fin educativo: 772 en Idlib, 300 en Aleppo e 300 en Deraa. Hai un número elevado de profesores asasinados e outros que non están en condicións de traballar mentres a asistencia de nenas e nenos a clase caeu de forma importante.

Para Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF en Galicia, “a descentralización da cooperación internacional é moi importante e oxalá moitos concellos sigan o exemplo de Vigo neste sentido”. A ONG ten nestes momentos máis de 240 traballadores en Siria de forma permanente nos seus 5 distritos o que “garante que todo o que se envíe será ben empregado”.

También te puede interesar