Vigo al minuto

Os vigueses axudarán, por medio de Unicef, a que máis de 5.500 nenas e nenos poidan seguir estudando

Imagen:©UNICEF/UNI194536/Khuzaie/O alcalde, acompañado de Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF Galicia, presentou este mércores «Acceso á educación en Siria: aprender no medio da destrución», o proxecto educativo no que o Concello colabora con UNICEF cunha achega de 20.000€. «Queremos estar na cooperación internacional nos sitios onde é máis necesario e imprescindible».

Segundo explicaron, o obxectivo do proxecto é distribuír subministros básicos de educación primaria a máis de 5.500 nenas e nenos para garantirlles o acceso á educación. Vaise desenvolver nas zonas afectadas polo conflito en Siria, incluíndo as de máis difícil acceso e sitiadas, como Aleppo e Homs seguindo criterios e principios de vulnerabilidade, universalidade, humanidade, imparcialidade e neutralidade.

Abel Caballero explicou que os nenos e nenas sirias recibirán mochilas, cadernos de exercicios, libros de debuxo, material escolar diverso así como material pedagóxico e kits de ocio para os pequenos e xogos e contos para os nenos de infantil. Tamén se inclúen materiais relacionados coa agua e o saneamento para mellorar a saúde. O rexedor adiantou que a cooperación con UNICEF seguirá e recoñeceu o seu labor e «permanente atención» aos máis pequenos.

Sobre a situación educativa, apuntou Caballero que os nenos sofre un «atraso severo na súa formación», que é preciso recuperar. A quinta parte das escolas foron danadas de forma moi seria -unhas 2.400- e non poden ser usadas con fin educativo: 772 en Idlib, 300 en Aleppo e 300 en Deraa. Hai un número elevado de profesores asasinados e outros que non están en condicións de traballar mentres a asistencia de nenas e nenos a clase caeu de forma importante.

Para Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF en Galicia, «a descentralización da cooperación internacional é moi importante e oxalá moitos concellos sigan o exemplo de Vigo neste sentido». A ONG ten nestes momentos máis de 240 traballadores en Siria de forma permanente nos seus 5 distritos o que «garante que todo o que se envíe será ben empregado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.