Cultura Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de “irresponsable e improvisada” a xestión da Casa da Xuventude “froito do seu desmantelamento”

O Grupo Municipal da Marea de Vigo non foi quen de conseguir información sobre o futuro dos servizos xuvenís, mais aló do cese da xestión actual, denunciado encarecidamente polo cadro de persoal dos centros en cuestión, ao non sacar a concurso a xestión dos centros ou prorrogar o servizo.

Mais, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, resulta “especialmente chamativo” que, o mesmo día no que as 6 traballadoras da Casa da Xuventude e o Punto Xove perdían os seus empregos, o Goberno Municipal presentaba en Xunta de Goberno Extraordinaria unha petición de subvención á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para a contratación dunha persoa técnica destinada a este servizo, onde se describe con minuciosidade a importancia que ten, na nosa cidade, a oferta de servizos á xuventude. “E máis chamativo aínda cando, o documento utilizado para a xustificación da solicitude da subvención ten o mesmo contido que a memoria feita polas traballadoras cando se solicitou a prórroga do servizo”.

E por isto que, no día de hoxe, e en base ao actual Regulamento Orgánico do Pleno do Concello, “visto o acontecido nos días posteriores ao cese do servizo”, o Grupo Municipal da Marea de Vigo rexistrou unha nova moción de urxencia cara ao Pleno que terá lugar este mércores.

Para a Marea de Vigo, “o que está acontecendo coa Casa da Xuventude e o Punto Xove, responde a mesma falta de vontade política deste Goberno Municipal sobre certos servizos e cuestións que deben considerar non aportan rédito electoral ao seu proxecto político”.

“Neste caso tocoulle a Casa da Xuventude e o Punto Xove, e en definitiva, á xuventude viguesa, do mesmo xeito que, cando, fai xa dous anos, aniquilouse o programa “Súbete ao Castro”, que non foi substituído por ningún outro programa cun nivel similar de usuarias e usuarios” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Te podría interesar