Vigo al día

Preto da metade dos perceptores da RISGA da provincia de Pontevedra vive en Vigo

Vigo concentra o 48% dos perceptores da Renda de Inclusión Social (Risga) da provincia de Pontevedra, cun total de 2.447 beneficiarios, segundo os datos correspondentes a agosto.

O importe destinado pola Administración galega a esta prestación na cidade ascende no que vai de ano a 8.585.552,73€, cifra á que habería que sumar os 333.296,67€ que se destinan ás Axudas de Inclusión Social, cun total de 402 concedidas o mes pasado.

Dos datos se extrae ademais que a media de perceptores da Risga en Vigo é moi superior a provincial, do dobre exactamente, nunha proporción de 8,3 perceptores por cada mil habitantes fronte aos 4,018 que a reciben no conxunto da provincia pontevedresa, segundo indica o Goberno de Galicia.

También te puede interesar