Galicia

10.000 raios en Galicia nas últimas horas

As treboadas deixaron máis de 10.000 raios en Galicia dende este domingo a última hora e a madrugada deste luns, segundo os datos facilitados por MeteoGalicia. As treboadas estiveron acompañadas de fortes choivas, con pedrazo en varios lugares da xeografía galega.

Dacordo coa devandita información, entre as 2 e as 8 da tarde de onte caeron en Galicia máis de 8.000 raios e entre as 2 e as 8 da mañá de hoxe, outros 2.100.

También te puede interesar