Cultura Vigo al día

Vigo acolle o 1 e 2 de setembro o festival das artes visuais ‘No Tengo Mamá’

Durante os días 1 e 2 de setembro congregaránse no centro de Vigo diversos artistas do mundo gráfico e sonoro.

O colectivo vigués Seara Records celebrará a terceira edición do seu festival de artes visuais ‘No Tengo Mamá’ nas inmediacións da cafetería cultural Detrás Do Marco –na rúa Londres-. Orientado á vertente menos comercial do mundo gráfico e sonoro, busca citar a colectivos e artistas que se adiquen dalgunha maneira a estes mesteres e estexan interesados en difundir os seus traballos, así coma intercambiar as súas experiencias con outros.

O evento, de carácter gratuíto, acollerá durante dúas xornadas distintas actividades, dirixidas especialmente á xuventude, coa música e as artes gráficas como vertentes principais. No apartado gráfico, salientan os obradoiros a cargo dos artistas Roberto Massó, María Ramos ou MeliMolita, mentres que no musical contará coa presenza de grupos como Emilio José, Selvática ou Linda Guilala.

Nesta nova edición haberá tamén propostas relacionada coa poesía ou o grafiti, así como unha mesa redonda co cómic contemporáneo como temática central. Ademáis, como é habitual, contará cun mercadiño de autoedición no que ao redor de 40 proxectos colectivos e individuais amosarán e porán á venda as súas obras.

También te puede interesar