Comarcas

O Concello de Redondela recupera, coa axuda dos veciños, a Fonte do Cotiño, na parroquia de Reboreda

A Fonte do Cotiño volve a ter caudal logo dos traballos levados a cabo polo Concello. Tras deixar de botar auga hai tres semanas, a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, visitou a zona e fíxose un estudo do problema que podía estar ocasionando a desaparición da auga.

Logo de levantar a cuberta observouse que os muros interiores, de ladrillo, atopábanse moi deteriorados e que parte deles caerán sobre o manancial que emanaba da terra, cegando o mesmo.

As obras consistiron na retirada dos restos anteriores, levantar un novo peche de mellor calidade e forrar a fonte de pedra do país. Rematadas as mesmas a fonte non so ten un acceso máis doado e cómodo, tamén mana dela auga dabondo.

Esta fonte ten gran afluencia de veciños non so da parroquia de Reboreda  senón de toda Redondela debido a que ten unha moi boa calidade da auga como amosan as analíticas.

 “Era unha magoa perder este manancial do que gozan tantos veciños e mais nesta época de seca, por iso é unha satisfacción que, logo  deste traballo, se recuperase todo o caudal”, sinala Barciela, quen transmite o seu agradecemento e o do Concello “ás veciñas e veciños que se comprometeron e traballaron con nós na recuperación desta  fonte, que forma parte do patrimonio non só para Reboreda senón de todos os redondeláns”.

También te puede interesar