RGPD - Cookies
Galicia

Os galegos gastaremos 234€ por rapaza ou rapaz na ‘Volta ao Colexio’ deste ano

O gasto medio que faremos os galegos na ‘Volta ao colexio’ deste ano será de 243€ por rapaza ou rapaz, un 2% máis que a media do Estado, segundo o Observatorio Cetelem sobre as intencións de compra relacionadas con esta parte do ano.

O 58% das persoas que respostaron ás preguntas da enquisa que se fixo para a elaboración deste estudo dixo que gastaría o mesmo que hai un ano-fronte a un 59% que contestou iso mesmo a nivel do Estado-.

Por outra banda, o 32% dos galegos sinala que gastará máis este 2017-fronte ao 26% da media estatal- o que implica un aumento de máis dun 9% en relación co ano pasado.

También te puede interesar