RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Un morto e 100 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 101 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres pasado, día 4 de agosto, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 6.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 88 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 101 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros,   as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 73 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 85 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

También te puede interesar