'Qué te cuentas?' Galicia

A ribeira do Miño, en Ourense, e o sur de Lugo e Pontevedra, en alerta laranxa por altas temperaturas

Logo dun domingo con moitísima calor, este luns ven de activarse a alerta laranxa na ribeira do Miño en Ourense e no sur de Pontevedra e Lugo agárdase un aumento notable  das temperaturas con 40 graos de máxima e 20 de mínima.

As mínimas tamén serán moi altas e agárdase que Vigo ou Pontevedra non baixen dos 22 graos, mentres que A Coruña, Ferrol e Ourense rexistrarán 19 de mínima.

O episodio de calor remitirá este martes no que agárdanse valores máis agradables e as máximas non superarán os 36 graos en Ourense.

Ante a situación, Emerxencias lembra  os seus tradicionais consellos como limitar a exposición ao sol, vixilar os cambios bruscos de temperatura, inxerir comidas lixeiras e regulares con bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas. Tamén evitar exercicios prolongados nas horas centrais do día e prestarlle atención ás persoas maiores ou enfermas próximas que vivan soas ou illadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.