Ciencia y Tecnología

Os participantes en ‘Practicum Depo’ volven logo de facer prácticas de formación profesional en Malta, Reino Unido, Italia e Portugal

As máis de 20 mozas e mozos que participaron na primeira mobilidade do proxecto “Practicum Depo 2016”  para a realización de prácticas de formación profesional en países da Unión Europea están a regresar á provincia de Pontevedra estes días. En total, o grupo tivo a oportunidade de completar a súa formación práctica en países como Malta, Reino, Italia e Portugal.

O proxecto “Practicum Depo 2016” está a permitir que un grupo de 101 estudantes e 5 docentes de centros educativos que imparten ciclos formativos de formación profesional teñan a oportunidade de realizar as súas prácticas e intercambiar experiencias docentes durante 6 meses en diferentes países da Unión Europea. O primeiro grupo, composto por 20 mozas e mozos, está regresando xa á provincia e o segundo así o fará entre setembro e outubro.  O terceiro grupo de estudantes, integrado por unha decena de mozas e mozos están dende xullo en Italia e Irlanda realizando a súa mobilidade e o último grupo, composto por 72 alumnas e alumnos, comezarán o vindeiro setembro.

A Deputación está tamén a poñer en marcha o novo “Practicum Depo 2017” que levará a 93 mozas e mozos e profesorado de 33 centros educativos de formación profesional da provincia a coñecer as prácticas realizadas noutros países de Europa ata o 31 de maio de 2019.  Máis polo miúdo, recentemente se asinou o convenio de subvención co SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) para a execución do novo programa para o que se ten proxectado realizar formación no ámbito do emprendemento, fomento do autoemprego así como aumento da innovación.

Para “Practicum Depo 2017” estase a ampliar o campo de acción dos lugares de destino, traballando coa Axencia Nacional Finlandesa para a Educación (EDUFI) ou o Institute New Age Education de Eslovenia. Amais, a Deputación de Pontevedra tamén está a establecer contactos con empresas concretas de países como Escocia, Holanda ou Bélxica.

Os obxectivos desta nova edición de “Practicum Depo 2017” son facilitar a adquisición de experiencia profesional a niveis internacionais, aumentar os coñecementos innovadores e o espírito empresarial nos e nas participantes e fomentar a práctica e mellora dun segundo idioma e a obtención de vocabulario técnico do sector profesional no que pretenden introducirse.  Amais, Practicum Depo pretende axudar a resolver o déficit de competencias na provincia, cun forte carácter rural. Desta maneira desde a Deputación póñense os medios para que a mocidade do rural estea en igualdade de oportunidades para formarse de cara á súa inserción nun mercado laboral cambiante e competitivo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.