Vigo al minuto

O Concello creará un ‘macroparque’ infantil de 1.000 metros cadrados na rúa Venezuela

O goberno local vén de aprobar o expediente de contratación das obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela, que presenta un importe de 767.000€ para elevar a superficie do recinto aos 1.000 metros cadrados.

Este novo “macro parque infantil” no centro de Vigo será totalmente renovado e ampliado, cun novo pavimento, con caucho e novos xogos infantís e unha xardineira de 83 metros de lonxitude e 1,6 metros de ancho.

O alcalde adiantou que se redistribuirá os espazos da rúa Venezuela, de tal forma que o futuro parque infantil ocupará un dos carrís actuais de circulación e será máis “permeable” grazas a dos novos pasos de peóns nos extremos cunha ducia de balizas luminosas, similares aos da Porta do Sol.

También te puede interesar