Galicia Sucesos

O lume de Vilariño de Conso, sen control en contra do que informara onte o Goberno de Galicia

O incendio de Vilariño de Conso, que empezou a última hora do sábado pasado, segue ardendo sen control. O domingo o Goberno de Galicia informara de que o mesmo estaba ‘estabilizado’, pero non é así.

As lapas, que comezaron na parroquia de Castiñeira, xa arrasaron máis de 100 hectáreas, a meirande parte delas de superficie de árbores. Na extinción do lume traballan 5 helicópteros, 3 avións, 13 motobombas, 31 brigadas, 10 axentes e unha pa.

Doutra banda, e sempre dacordo coa información de Medio Rural, este luns pola mañá quedara ‘controlado’, non apagado, o incendio que empezara na parroquia de Vilaperde, no concello lucense de Vilalba.

Ata agora xa queimou 20 hectáreas maila ao traballo de 6 motobombas,8 brigadas, tres axentes e un técnico. Así mesmo, onte pola noite-sempre segundo a Xunta- quedou extinguido o incendio de San Cristovo de Cea, en Ourense, que arrasou 38 hectáreas -30 de arbolado e 8 de monte raso-. Na súa extinción traballaron 16 motobombas, 21 brigadas, 16 axentes, tres pas e un técnico.

También te puede interesar