Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Concello cambia o trazado das escaleiras mecánicas de II República para salvar os restos dunha muralla do século XVII

O Goberno Local autorizou este luns o cambio do trazado da segunda fase das escaleiras mecánicas da rúa II República, que unen Porta do Sol con Abeleira Menéndez, para salvar unha galería histórica e evitar danos na cimentación da muralla do século XVII atopadas nos sondaxes arqueolóxicas.

Ambas «cuestións importantes» apareceron baixo o solo nas catas arqueolóxicas previas á execución da segunda fase da escaleira mecánica, explicou o alcalde, polo que o Concello acordou modificar o proxecto e cambiar o emprazamento desta.

Segundo detallou Abel Caballero, as sondaxes revelaron a existencia dun tramo de cimentación da antiga muralla da cidade do século XVII e unha galería soterrada de época histórica.

O goberno local, seguindo as indicacións dos arqueólogos, prioriza coa modificación do trazado salvar a galería ao tempo que non producirá «ningún dano sensible» na cimentación da muralla.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.