RGPD - Cookies
Sucesos Vigo al día

29 lumes provocados en Galicia ao longo da pasada noite

Imágenes:vigoalminuto/21 dos 29 incendios rexistrados de madrugada en Galicia non superaron a hectárea de extensión. Os mesmos, foron provocados pola noite e evitar deste xeito a actuación do medios aéreos.

Iso asegura a conselleira do Medio Rural quen, nun comunicado, salienta os incendios se declararon «con varios focos simultáneos en puntos próximos». Ángeles Vázquez pon coma exemlo delo o do concello de Agolada , onde «chegou a haber ata dez lumes en apenas 24 horas», dos que só un» superou as 15 hectáreas de superficie afectada».

Vázquez  agradeceu o labor «a todos os profesionais que loitan contra os incendios forestais en Galicia, tanto ao persoal da propia Xunta como dos corpos e forzas de seguridade do Estado, Exército e Protección Civil».

A conselleria que pide aos cidadáns que denuncien aos pirómanos, lembra que a época de perigo alto de incendios esténdese do 1 de xullo ao 30 de setembro.

También te puede interesar