Vigo al día

Chega Toralla 4.0

O alcalde presentou este xoves unha aplicación gratuíta, “Time Trip Experiencia: Toralla”, que amosa unha recreación veraz da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor, momentos da vida cotiá, ademais de ofrecer toda a información sobre o xacemento.

“Time Trip Experience: Toralla” pode descargarse de balde e supón unha nova forma de achegarse e gozar deste xacemento romano. A través do móbil e de varias peañas repartidas polo espazo, a aplicación amosa unha recreación da vida na vila.

Segundo explicou o alalde, simplemente con enfocar ás peañas podremos ver momentos da vida na vila romana, como as termas co seu moderno sistema de calefacción romano, o salón, a cociña ou os distintos usos e costumes dos romanos. Ademais de poder acceder aos modelos tridimensionais coa aplicación, os usuarios e visitantes poden coa aplicación obter toda a información dispoñible sobre o xacemento.

Abel Caballero eloxiou o traballo da startup Xoia e lembrou que naceu grazas ao concurso de emprendemento impulsado polo Concello de Vigo en 2014.

También te puede interesar