Vigo al minuto

Chega Toralla 4.0

O alcalde presentou este xoves unha aplicación gratuíta, «Time Trip Experiencia: Toralla», que amosa unha recreación veraz da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor, momentos da vida cotiá, ademais de ofrecer toda a información sobre o xacemento.

«Time Trip Experience: Toralla» pode descargarse de balde e supón unha nova forma de achegarse e gozar deste xacemento romano. A través do móbil e de varias peañas repartidas polo espazo, a aplicación amosa unha recreación da vida na vila.

Segundo explicou o alalde, simplemente con enfocar ás peañas podremos ver momentos da vida na vila romana, como as termas co seu moderno sistema de calefacción romano, o salón, a cociña ou os distintos usos e costumes dos romanos. Ademais de poder acceder aos modelos tridimensionais coa aplicación, os usuarios e visitantes poden coa aplicación obter toda a información dispoñible sobre o xacemento.

Abel Caballero eloxiou o traballo da startup Xoia e lembrou que naceu grazas ao concurso de emprendemento impulsado polo Concello de Vigo en 2014.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.