Galicia

Aparece no concello de Baleira, en Lugo, unha cova con pinturas rupestres descoñecidas ata hoxe

Axentes da Garda Civil e un arqueólogo da Xunta inpecionaron este mércores unha cova situada no concello lucense de Baleira que ten pinturas rupestres descoñecidas ata hoxe.

Segundo informou a propia Garda Civil, foron tres senderistas que se atopaban na zona os que informaron o Servizo de Protección da Natureza, tras localizar as devanditas pinturas.

Os especialistas comprobaron é unha cova “non inventariada ata a data”, polo que puxeron o achado en coñecemento de Patrimonio.

También te puede interesar