O alcalde adiantou este mércores que o Goberno Local aprobará este xoves a clasificación de ofertas para redactar os proyectos de humanización da Estrada do Porto e da Estrada Provincial- Emilia Pardo Bazán-.
Abel Caballero lembrou que o proxecto para humanizar a Estrada do Porto, en Beade, ten un custo de 111.000€-e a obra uns 3 millóns- e, no caso da Provincial, a redacción do proxecto ascende a 73.000€ e a humanización da rúa terá un custo doutros 3 millóns de euros máis.
O alcalde sinalou que solicitara á Deputación de Pontevedra o arranxo destas dúas estradas, de competencia provincial, en mandatos anteriores, e que é agora, co novo goberno provincial,presidido por Carmela Silva, vanse a acometer estas dúas humanizacións, cun investimento total, entre Concello e Deputación, de 6 millóns e medio de euros.