RGPD - Cookies
Galicia

Medio Rural declara a ‘Situación 2’ no lume activo en Verín pola proximidade das lapas ás casas de Queirugás

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a ‘Situación 2’ no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior do Val. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Queirugás.

Este incendio comezou ás 4 e media da tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta máis de 40 hectáreas. No seu control traballan un técnico, 4 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, tres pas, 12 helicópteros e 4avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te puede interesar