Vigo al minuto

@MareaVigo pidde un informe das reparacións e actuacións nas humanizacións que teñan ata 5 anos de antigüidade

“A efectos da disposición adicional sexta da lei orgánica 2/2012 do 27 de abril de estabilidade e sustentabilidade financeira, os investimentos que se financian co superávit teñen que ser financeiramente sustentables e ter unha vida útil superior aos 5 anos, mais as presas por adaptar prazos electorais ás obras públicas asociadas ás humanizacións teñen un custo posterior de mantemento e mesmo de rectificacións construtivas importante” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal

Para a Marea de Vigo, un exemplo do que non se pode facer é o empedrado da zona de Marqués de Valadares ou a Praza de Compostela, que no seu día requiría un asentamento progresivo, e as presas de inaugurar as obras para a Cutty Sark durante o goberno do PP e o tráfico rodado que xerou este evento, fixeron que o pavimento sufrira afundimentos, ademais de resultar unha fonte de ruído e tremor permanente, hoxe con medidas correctivas de improvisación como o vertido de piche sobre o empedrado.

Marea de Vigo lembra que hai un contrato de case 2 millóns de euros de mantemento da rede viaria, concesionado actualmente coa empresa Civisglobal, que xa está actuando en rúas de recente humanización e que as condicións da lei orgánica 2/212 que permite empregar o superávit no formato de obra pública como as humanizacións teñen que ter en conta tamén os previsibles custos de mantemento para establecer a sustentabilidade económica.

Hai humanizacións nas que correctamente figura no expediente de gasto a memoria económica e a proxección de gasto futuro, mais “non existe un seguimento real do gasto que realmente está sendo imputando a cada humanización. Anualmente, coa liquidación do orzamento, o Goberno Local ten que dar conta no Pleno -ou Xunta de Goberno para os casos de cidades como Vigo- do grao de cumprimento dos criterios previstos para poder considerar as humanizacións como financeiramente sustentables (IFS). Mesmo é información que ten que estar dispoñible no portal web do Concello” lembra Rubén Pérez.

También te puede interesar