RGPD - Cookies
Sucesos

Estabilizados os lumes que arrasan o concello de Monterrei e que queimaron xa preto de 230 hactáreas

Os efectivos que loitan contra os lunes que arrasan as parroquias da Salgueira, Vilaza e Infesta, no concello de Monterrei, estabilizaron os mesmos logo de que as lapas queimasen preto de 230 hectáreas de superficie.

Este sábado, preto das 5 da tarde estaba controlado o lume de Salgueira e Vilaza- que empezara pasadas as 7 da tarde do venres- e que queimou xa 172 hectáreas. No mesmo traballaban 1 técnico, 9 axentes, 32 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 4 avións.

O lume de Guimarei, na parroquia de Infesta, xa estaba estabilizado a primeira hora da mañá de onte-empezara o día anterior sobre as 5 e media da tarde- logo de queimar 56 hectáreas. Na labor de extinción estaban 1 técnico, 7 axentes, 26 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 6 avións.

También te puede interesar