Ciencia y Tecnología Vigo al día

#CiesPatrimoniodaHumanidade conta dende este venres co apoio de @uvigo

O alcalde e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este venres un convenio de impulso ao obxectivo “Illas Cíes Patrimonio da Humanidade”, un acordo segundo o cal a institución educativa presidirá e coordinará o comité científico e proporcionará o “aval científico” á candidatura.

Na súa intervención, Abel Caballero valorou este “salto cualitativamente tan importante” ao entrar nun dos “camiños imprescindibles” para obter o recoñecemento da Unesco, como é o aval científico, despois de levar catro anos no proceso de “creación de conciencia social colectiva”. O alcalde agradeceu ao reitor e ao Campus do Mar a súa colaboración pois “é seguramente a mellor garantía” de éxito para as Illas Cíes.

Un dos eixos da candidatura é o reforzo científico-técnico e neste eido se enmarca o acordo entre o Concello e a Universidade de Vigo, como líder do Campus do Mar, que congrega ás principais universidades, centros de investigación e plataformas de investigación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, o Concello encarga á Universidade a presidencia e coordinación do comité científico creado para a candidatura, ademais de responsabilizarse de avalala e validala cientificamente.

Reitorado no Areal

Abel Caballero e Salustiano Mato aproveitaron este acto para facer oficial a cesión de espazos no edificio municipal de Areal, para que se volva asentar o Reitorado da Universidade de Vigo no centro da cidade. O alcalde apuntou a “vocación” do goberno vigués de estar “sempre do lado da Universidade”.

También te puede interesar