RGPD - Cookies
Galicia

@Xunta di ‘non’ á pretensión de Ferroatlántica de vender as súas hidroeléctricas de Galicia

O Goberno de Galicia informou este mércores aos alcaldes e aos representantes dos traballadores nas fábricas de Ferroatlántica en Galicia da decisión de denegar a solicitude presentada pola compañía.

Tras avaliar polo miúdo a documentación, ditaminouse que a solicitude non cumpría cos requisitos necesarios que fixa a lexislación para eliminar a condición esencial prevista na concesión, que consiste fundamentalmente en garantir o mantemento da actividade industrial.

Con esta decisión, “a Xunta, a través de Augas de Galicia, está a cumprir os compromisos adquiridos desde o primeiro momento e sen variar o seu posicionamento: estar ao lado da lei, respectando o principio de legalidade; e salvagardar o interese público da concesión, que neste caso en concreto está determinado pola continuidade da actividade industrial na comarca da Costa da Morte”.

O Goberno galego púxose hoxe mesmo en contacto cos alcaldes e cos comités de empresa das plantas coas que conta Ferroatlántica para informarlles da resolución.

Esta, amparada polo informe da Asesoría Xurídica da Xunta, sinala que a través do proceso plantexado pola empresa non se dan as condicións necesarias nin se cumpren os requisitos legais para suprimir a condición actualmente vixente na concesión, que ten por finalidade garantir o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo en Galicia, polo que carece das condicións que establece a propia concesión de velar polo interese público.

A resolución tivo en conta ademais a argumentación presentada tanto pola empresa como polos representantes dos traballadores nas últimas semanas, cando o expediente se encontraba na fase final da súa tramitación. A Administración autonómica avaliou polo miúdo estas alegacións, «actuando coa máxima responsabilidade e sendo o máis garantista posible durante todo o procedemento».

También te puede interesar