Comarcas

@depo_es empeza a colocar nas estradas da provincia os redutores de velocidade do Plan de Mobilidade

Os redutores de velocidade do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVES) da Deputación de Pontevedra comezarán a instalarse en Marín e Bueu a partires da semana próxima.

Segundo anunciou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a empresa Taboada e Ramos iniciará as obras de albañilería, aglomerado, pintado e instalación de sinalización vertical de máis de 40 elementos de calmado de tráfico, tanto dos coñecidos ‘lombos’ (pasos de peóns sobreelevados – PPS-) como dos redutores físicos de velocidade de vehículos (RFVV).

No caso do Concello de Marín, os traballos comezarán pola estrada provincial EP-1202 entre Seixo e Santo Tomé de Piñeiro, onde se instalarán tres PPS cun largo entre seis e nove metros. Despois iniciaranse dous lombos e dous redutores na estrada Marín-Penizas (EP-1201), un redutor na estrada Campo-Pardavila (EP-1203) e cinco lombos máis na vía Figueirido-Marín (EP-0019). En total, o concello de Marín, terá dez PPS e un redutor, cunha mellora das estradas valorada en 125.137 euros, na que tamén se inclúe o pintado das estradas Marín-Penizas, Seixo-Santo Tomé de Piñeiro e os accesos ás praias de Loira e Aguete e o acceso ao peirao de Aguete.

 No Concello de Bueu xa se levan executando algúns traballos de albañilería para os redutores de velocidade nos últimos días, se ben a vindeira semana tamén se farán labores de aglomerado e sinalización vertical, ademáis de comezar coas primeiras mans de pintura. No caso de Bueu as melloras nas súas vías provinciais suman un total de  15 PPS e  15 RV: na estrada Alto da Portela-Beluso instalaranse dous lombos e catro redutores; en Beluso-Cabo Udra haberá dous lombos e tres redutores; en Banda do Río-Portela haberá dous lombos; en Bueu-Igrexario de Cela haberá dous PPS e outros tantos RFVV; na vía entre igrexario de Cela-Outeiro-Bueu haberá catro lombos e tamén seis redutores de velocidade; a estrada entre A Portela-Ermelo terá dous PPS e, finalmente, o acceso á praia de Lagos tamén terá un lombo.

Por outra parte, tamén están en marcha as obras dos lombos do Plan Móvese en Moaña (dez PPS e tres RFVV) e Cangas (dous PPS e cinco RFVV), onde haberá elementos de calmado de tráfico nas estradas Moaña-Verducedo, Meira-Fraga, San Benito-Domaio, Moaña-Coiro, Cangas-Coiro-Magdalena, acceso á praia de Nerga e Hío-Vilariño.

Na comarca do Morrazo o investimento global do Plan Móvese é de 398.297 euros, cos que se instalarán un total de 37 pasos de peóns sobreelevados e 24 redutores físicos de velocidade. Todos estes elementos foron deseñados de xeito concreto para cada espazo das estradas provinciais, con variacións no seu largo, con iluminación e outros elementos singulares en función das necesidades. Así mesmo, e como novidade, todos os lombos instalados pola Deputación levan unha lenda de advertencia aos peóns na primeira banda do paso de cebra: ‘Atención. Mirar Esquerda-Dereita’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.