Comarcas

@carmelasilva anuncia que a Deputación recibiu case 3 millóns de Europa para proxectos de emprego

A presidenta da Deputación anunciou este venresen rolda de prensa que o organismo provincial vén de recibir case tres millóns e medio de euros de fondos europeos para a posta en marcha de diferentes proxectos de emprego destinados especialmente a persoas en risco de exclusión social e xóvenes.

Carmela Silva sinalou que por un lado recibiron 2.327.871,88 de euros para o proxecto “DepoIntegra Xove” e por outra banda, 945.364,93€ para “Depoemprende”. En palabras da presidenta da Deputación, o obxectivo destes tres programas é “fomentar o emprego entre a cidadanía porque somos conscientes dos graves problemas que existen na actualidade para a inserción laboral na nosa provincia, na nosa comunidade e en todo o Estado. Na medida que nos permiten as nosas competencias estamos a facer o posible para mellorar a situación.”

Con “DepoIntegra Xove” a Deputación de Pontevedra pretende impulsar a integración sostible no mercado de traballo de mozas e mozos que non se encontran empregadas nin participan nos sistemas de educación. Este programa está destinado a mozas e mozos da provincia de Pontevedra maiores de 16 anos e menores de 30 anos, incluídas as persoas con diversidade funcional, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que estean ou non inscritas como solicitantes de emprego –dando prioridade ás mulleres, persoas paradas de longa duración, colectivos máis desfavorecidos ou en risco de exclusión-.

También te puede interesar