Vigo al minuto

@MareaVigo pide ao Goberno local que garanta a participacion dos veciños no deseño das humanizacións

Marea de Vigo pon en dúbida as humanizacións  que está a facer o Goberno Municipal, que, aseguran os seus responsábeis, non teñen en conta os criterios da veciñanza da zona.

“Vigo debe mirar ás grandes cidades que están artellando mecanismos participativos onde a veciñanza pode decidir as melloras nos seus barrios” afirma o portavoz municipal de Marea de Vigo,Rubén Pérez.

Marea considera que chegou o momento de “comezar a aplicar dinámicas que garantan a participación veciñal para estas actuacións, de xeito que calquera veciño ou veciña, estea ou non nunha asociación ou organizado no seu barrio, poida participar, e deste modo, axustar a obra pública ás necesidades e realidade de cada barrio”.

Rubén Pérez lembra que nos exercicios orzamentarios tanto para o ano 2016 como para o 2017, Marea de Vigo xa pedirá un cambio no xeito de facer as humanizacións e considera, agora, que non debe empregarse o superávit do Concello “ao arbítreo unipersoal dun concelleiro, concelleira ou alcalde, facendo un uso incluso partidario e electoralista do mesmo”.

Rubén Pérez, engade que estas humanizacións, ademaís de que “en moitos casos nin responden ás demandas veciñais dos barrios nos que se levan a cabo”, tampouco crean ou  consolidan emprego e “simplemente engrosan as contas de resultados de construtoras privadas”.

También te puede interesar