Comarcas Vigo al día

O Xefe do Estado preside no Porriño os actos do 50 aniversario de AIMEN Centro Tecnolóxico

Felipe VI presidiu este luns no Porriño os actos de celebración do 50 aniversario de Aimen Centro Tecnolóxico en O Porriño. O Xefe do Estado coñeceu  tres novos tipos de soldaura láser e un robot de asistencia para a recuperación da funcionalidade de doentes que teñen daño cerebral.

Felipe VI, foi recibido polo alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, polo presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pola minitra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre outras autoridades.

O centro AIMEN, radicado no Porriño, é un referente europeo no campo láser e na investigación de mateirais usados na aeronáutica, o naval e a automoción, como sinalaron os seus responsábeis.

O Rei viaxou de seguido a Vigo para almorzar no Círculo de Empresarios de Galicia que celebra os seus 25 anos de historia.

También te puede interesar