Vigo al minuto

Feijóo aposta pola recuperación da ETEA para que «Vigo e Galicia sexan referencia mundial en investigación mariña»

O presidente do Goberno de Galicia reafirmou este luns en Vigo  a “aposta” do seu executivo  pola recuperación da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), situada en Teis, para acoller un Campus do Mar que conseguirá que “Vigo e Galicia lideren a investigación mariña”, destacou.

Alberto Núñez Feijóo declarou isto na sinatura dos dous convenios coa Universidade de Vigo para a rehabilitación do emblemático edificio Faraday da ETEA, que acollerá a sede institucional do Campus do Mar.

O primeiro convenio establece que o Goberno galego financie con 250.000€ os estudos previos necesarios para a recuperación deste edificio -proxecto sectorial, estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción dos proxectos básico e de execución-, mentres que a Universidade se encargará de contratalos.

O segundo convenio destinará 3 millóns de euros a sufragar o equipamento do Faraday, de acordo coas liñas mestras marcadas no proxecto técnico que se contratará en virtude do primeiro convenio. A isto sumaranse outros 2 millóns, procedentes de fondos europeos, para levar a cabo distintos proxectos na ETEA.

Feijóo avanzou tamén que en datas próximas se asinará o convenio coa Zona Franca de Vigo, que dispón do visto e prace tanto do pleno deste organismo como do Consello da Xunta. Este acordo desbloqueará a situación de dúas das parcelas da ETEA, a 3A e a 3B. Ambas volverán ser propiedade da Zona Franca, mentres que a Xunta aprobará os proxectos sectoriais necesarios, urbanizará as parcelas e se encargará de que dispoñan dos servizos necesarios.

Así mesmo, o presidente do Goberno galego  confirmou que Vigo está xa “na recta final para conseguir que se instale na ETEA tamén o Centro Superior de Investigaciones Científicas”. Deste xeito consolídase a transformación da ETEA nun campus ao estilo das universidades de referencia a nivel mundial, onde se mesture a actividade universitaria coas actividades recreativas, ao que xa se dedica unha parcela que a Xunta rehabilitou e puxo en 2013 á disposición dos veciños de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.