Vigo al minuto

As 9 bandeiras azuis izadas este martes sinalan a Vigo coma a cidade española con máis distincións

O alcalde participou este martes no izado das 9 bandeiras azuis que ten Vigo nas praias, ás que se suman outros tres sendeiros, cifras que converten á cidade olívica na urbe española con máis distincións azuis.

As 9 bandeiras pódense ver nas praias da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras, estas dúas últimas, nas Illas Cíes. Ademais, tamén en tres camiños: a senda entre Faros das Cíes, a litoral e do Monte da Guía en Teis e a do Lagares.

Abel Caballero sinalou  as incidencias atendidas polo servizo municipal de salvamento e socorrismo nos primeiros quince días de funcionamento: preto de 500, a maioría sanitarias leves e feridas, ademáis dos 13 menores extraviados nos areais, «un ao día», salientou o alcalde, quen pediu aos país máis atención nas praias.

Caballero engadiu que o Concello dispuxo 12 desfibriladores nas praias de Vigo e xa ten en funcionamento as cadeiras anfibias en Samil, e «de inmediato» no Vao, para facilitar o baño a persoas con discapacidade.

O dispositivo municipal nas praias supera os 100 profesionais, lembrou o alcalde, entre os axentes da Policía Local, o persoal de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria, os socorristas das piscinas de Samil e os traballadores de limpeza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.