Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia a falla de alternativas ao albergue municipal

“O Concello de Vigo non pode esperar nin un día máis para a posta en marcha de plans integrais na área de política social nas que teña cabida recursos como un centro de inclusión social ou ferramentas activas como equipos de  intervención de rúa”.

Isto asegura o grupo municipal de Marea de Vigo dende donde engaden que “un albergue municipal de xestión privada no que as persoas soamente poden pasar 10 noites non é, nin de lonxe, unha política activa cara a mellora da situación de centos de persoas que están en situación de  exclusión social, e, por suposto, non ofrecen solucións no tempo para elas, senón a permanencia nun camiño sen saída”.

Marea afirma que “esta irresponsabilidade” viña sendo “tapada” ata o de agora, e en parte, por iniciativas como o albergue de Teis -hoxe desmantelándose polas ansias lucrativas por parte do Arcebispado de Barcelona e o deixar facer do Bispado de  Tui-Vigo- e o albergue “Dignidade”, pechado hoxe.

O problema dos servizos sociais no Concello de Vigo, como xa ten denunciado a Marea de Vigo en reiteradas ocasións, é transversal en toda a área, comezando xa polos incumprimentos da lexislación que regula os servizos sociais  comunitarios e o seu financiamento, cando”nin tan sequera se cumpren as proporcións de traballadoras sociais -debería ser dunha traballadora  social por cada 8.000 habitantes, e o que hai en Vigo é 1 por cada 17.700-, subliña Marea.

Ao seu xuizo, é necesario poñer a vontade, colaboración e ferramentas necesarias para poder afrontar a realidade do xeito máis útil para a vida das persoas que están en situación ou risco de exclusión social, polo que este traballo debe ser prioritario dentro das responsabilidades a desenvolver neste Concello. Neste eido, “desde a Marea de Vigo, insístese na necesidade da posta en marcha de medidas como foi o Plan contra a Pobreza defendido polo Grupo Municipal da Marea de Vigo hai 2 meses no Pleno e rexeitado polo Goberno Municipal”.

También te puede interesar